Quedamos na casa!, a Universidade máis cultural na Casa de Europa

0

Compostela, 27 de setembro do 2018 – A USC convida a coñecer a súa oferta cultural, nunha xornada gratuíta hoxe xoves na Casa de Europa, no evento Quedamos na casa!.

Dar visibilidade a todos os departamentos culturais da Universidade de Santiago e pór en valor o seu patrimonio menos coñecido. Con esta intención a USC organiza un ano máis o Quedamos na casa! que se celebrará esta tarde de cinco a dez da noite na Casa de Europa, na Finca Vista Alegre. Teatro, danza, música, exposicións, fotografía, astronomía e patrimonio histórico, todo nunha xornada gratuíta que encherá de cultura os espazos do singular edificio.

Quedamos na casa! dará comezo ás 17.00 horas no Colexio de Fonseca cunha visita guiada ao patrimonio da USC que rematará precisamente na Casa de Europa, onde ás 17.30 terá lugar un obradoiro de fotografía. A partir de aí, e cada media hora aproximadamente sucederanse dúas obras teatrais, un concerto da Orquestra da USC, danza contemporánea, a sesión de admisión de novas voces para o Coro Universitario, tango, un concerto de Fruit Juzz, baile galego e latino e unha sesión de astronomía. Haberá ademais durante toda a xornada un catering a cargo de Garum.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial