Queixas polos cambios no transporte metropolitano de Oroso

0

Oroso, 22 de setembro do 2020 – O concello de Oroso faise eco das queixas da veciñanza e móstrase moi crítico cos cambios sufridos polas liñas de transporte metropolitano que conectan ao concello.

As principais protestas da veciñanza teñen como punto de partida as frecuencias. Os novos percorridos fan que a parada na rúa do Hórreo sexa só unha cando antes paraba varias veces. Esta diminución afecta a moitos estudantes e traballadores de Oroso que usan a liña para chegar a Santiago.

Ademais do percorrido por Santiago, cambiaron tamén os que facían sempre os autobuses polas tardes, que chegaban ata a urbanización Porto Avieira e outras parroquias e agora non o fan, deixando a todos os usuarios en Sigüeiro.

Queixas polos cambios no transporte metropolitano de OrosoDesde o goberno municipal explican que son cambios realizados sen consultar cos concellos. Lembran que Oroso aporta cada ano cerca de 15.000 euros ao transporte xestionado desde a Xunta.

O alcalde, Manuel Mirás, mostrouse moi molesto coa decisión e advertiu da toma de accións contra ela “Non hai dereito e apoiamos á veciñanza, desde o concello tomaremos todas as medidas que sexan necesarias para que as liñas e os servizos sigan igual”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial