Queixas polo peche de camas na área sanitaria de Santiago

0

Compostela, 12 de xuño do 2019 – O sindicato CIG Saúde ven de denunciar o peche de camas previsto pola Xerencia da área sanitaria de Santiago de cara ao verán e califican as explicacións de “absurdas”.

O sindicato cualifica a decisión de “peche abusivo de camas”. A Xerencia alega un descenso na actividade asistencial, falta de persoal para substitucións e a necesidade de acometer obras de acondicionamento. Un argumentario que a CIG considera  “absurdo e inexacto”. Afirman pola contra que durante o período estival non pode diminuír a actividade asistencial porque “as poboacións das zonas de costa, como mínimo, se duplican nesa época e os pobos de interior tamén se enchen cos centos de persoas que veñen de fora, os e as emigrantes”.

En todo caso a CIG argumenta que as persoas “tamén enfermamos no verán” e considera que non se está a facer unha xestión eficiente e eficaz, “paralizando as listas de espera en verán, para baixalas despois traballando a ‘destajo’ no último trimestre do ano, facendo ‘peonadas’ e pagando horas extra”.

Atención os 365 días do ano

CIG Saúde reclama unha xestión sanitaria continuada durante 365 días e considera que non se pode deixar aos hospitais a medio gas, xa que iso implica un incremento de traballo tanto en atención primaria coma en PAC. “A maiores esta Xerencia, parchea a falta de profesionais médicos, inventando un sistema destrutivo cunhas lista de voluntariado para gardas médicas localizadas, que sobrecargan aos traballadores/as, ao tempo que os afasta dunha calidade asistencial, de quendas legais e contratos estables que permitan aos mesmos traballar nun ambiente positivo e conciliar vida familiar e profesional”, denuncian.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial