Querela criminal por prevaricación e falsidade en documento público contra o alcalde e a secretaria de Trazo

0

Trazo, 7 de febreiro do 2019 – O Psoe de Trazo amplía a denuncia contra o alcalde de Trazo e a secretaria e presenta unha querela criminal por prevaricación e falsidade en documento público.

A portavoz socialista, Beatriz Domínguez, e a secretaria de organización Paula Castiñeiras, presentaron nunha rolda de prensa os documentos que abalan a querela contra José Dafonte, alcalde, e María José Nartallo, secretaria. Esta denuncia  súmase ao procedemento xudicial aberto polo Xulgado de Ordes polos case 30.000 euros cobrados polo alcalde en dietas sen xustificar e de xeito presuntamente irregular entre os anos 2014 e 2017.

A documentación foi entregada xa no xulgado e que inclúe documentos de pago recortados e modificados, así como anotacións manuscritas sobre a elaboración do expediente para remitir ao xulgado, sobre a colocación dos selos e sobre os días nos que o alcalde estaba de vacacións e aínda así percibiu dietas. Na presentación amosaron o orixinais da documentación, nos que se aprecian con detalle os recortes e pegados de documentos para modificalos mediante fotocopias co obxecto de elaborar un expediente falso e inexistente previamente para aportar ao xulgado.

Beatriz Domínguez explicaba que o expediente de duascentas páxinas foi preparado ex profeso para levarllo a xuíz

De todas as falsidades destaca o feito de que hai facturas do 2015 seladas cun cuño que o concello comprou no 2017

Peticións ao Concello

Unha situación ante a que os socialistas de Trazo demandan do Xulgado de Ordes:

que ordene as dilixencias necesarias para comprobar a existencia deste expediente falso presentado e adopte as medidas cautelares precisas para identificar a aquelas persoas que durante o procedemento aparezan como coautoras, cómplices ou encubridoras destes presuntos delitos de falsidade documental e administración desleal do patrimonio público (malversación).

Que se remitan sendos oficios ao Concello de Trazo para que aporte certificación das datas reais nas que se produciron as reunións en organismos oficiais por parte do alcalde de Trazo, toda vez que o señor alcalde declarou no Xulgado que existen erros nas datas que constan no expediente.

Que se identifique á persoa encargada da fiscalización material das dietas percibidas polo alcalde e sexa citada a declarar como testemuña, toda vez que a secretaria – interventora do Concello de Trazo asegurou ante a xuíz que ela non se encargou da fiscalización material destas dietas. Unha afirmación que, en todo caso, supón un incumprimento das obrigas que ten atribuídas a secretaria – interventora polo RD 128/2018 de 16 de marzo, polo que se regula o réxime xurídico dos funcionarios da Administración Local con habilitación de carácter nacional; e que xa viñan atribuídas tamén no RD 1174/1987 de 18 de setembro.

O caso da grada do campo de fútbol

Non é a primeira vez que José Dafonte ten que pasar polos xulgados a dar explicacións sobre a súa xestión. No ano 2014 foi acusado de pagar as obras da grada do campo de fútbol antes de que se construíran.  A sentenza absolveu  ao alcalde das acusacións de falsidade documental aínda que consideraou probados todos os feitos. Segundo a documentación aportada en aquela ocasión a Deputación concedeu unha subvención de máis de 18.000 €, encargouse a obra a unha empresa, o concello enviou un escrito firmado polo alcalde facendo constar que as obras estaban rematadas cando aínda non comezaran e a xunta de goberno autorizou o pago dunha factura a empresa por máis de 26.000 € sen que as obras estiveran realizadas pero, dicía a sentenza, que non se podía demostrar en todos estes feitos un delito. A senteza dicía literalmente que “Así, se ha discutido si necesariamente tendría que saber el acusado que las obras no estaban realizadas, cual les parece obvio a las acusaciones por tratarse de un Ayuntamiento pequeño y ser más que posible la comprobación de un dato ostensible como la inexistencia de trabajos de cierta entidad en un campo de futbol, pero como resulta que el acusado negó conocer ese dato y varios testigos precisaron que esa posibilidad no puede descartarse, al menos debió constatarse cual era la exacta ubicación del lugar al menos con respecto al domicilio, lugares que frecuenta y lugar de trabajo de acusado, sobre todo porque una testigo aseguró de forma muy gráfica que el referido campo de futbol puede verse desde el despacho oficial del alcalde, cuestión que parece verosímil pero que no se ha contrastado”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial