Quinto premio “Camiño do emprendemento”

0

Compostela, 31 de decembro do 2018 –  A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela convoca o V Premio “Camiño do Emprendemento 2018/ 2019”, co patrocinio de ABANCA.

O premio Camiño do emprendemento é un recoñecemento que pretende promocionar as iniciativas empresariais e prestar apoio para a posta en marcha, desenvolvemento e consolidación dos proxectos empresariais máis destacados da demarcación cameral de Santiago, coa finalidade de axudar á reactivación da economía e o emprego dos seus trinta e dous concellos.

O premio consiste en tres bolsas que cubrirán ao 50 por cento os gastos da estancia no viveiro de empresas de Costa Vella durante un ano. Está destinado a emprendedores que teñan constituída unha empresa cunha antigüidade non superior a dous anos e para emprendedores que teñan o seu proxecto empresarial en fase de maduración ou se comprometan a facelo nun prazo de seis meses, e en ningún momento deben ser proxectos que xa foran obxecto de incubación non viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago por un período superior a tres meses.

Durante os doce meses de estancia na incubadora, os emprendedores recibirán servizos de acompañamento, cosultoría, titorización e mentorización dos seus proxectos empresariais coa finalidade de favorecer o seu arranque, creación e consolidación co propósito de asegurar a súa supervivencia. Ademais, os participantes poderán solicitar as liñas de financiamento presentadas por ABANCA con condicións financeiras preferentes (a concesión do financiamento estará suxeita, en todo caso, á previa análise do risco por ABANCA).

As solicitudes para participar deberán presentarse antes do 8 de febreiro ás 14:00 horas no rexistro da Cámara de Comercio de Santiago (rúa San Pedro de Mezonzo, 44 baixo) ou no viveiro de empresas do Polígono de Costa Vella (rúa República Checa, 40). A inscrición estará dispoñible na web corporativa www.camaracompostela.com.

O xurado terá en conta na súa decisión o nivel de desenvolvemento do proxecto, o seu carácter innovador, o volume de investimento, o grao de proxección nacional e internacional, a posible xeración de postos de traballo e a experiencia previa dos participantes. Os seus membros analizarán cada un dos proxectos presentados e manterán unha entrevista persoal cos candidatos.  O fallo do premio farase público o día 28 de febreiro nun acto na Cámara de Comercio de Santiago.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial