Rafa Sisto seguirá de alcalde en Teo

0

Teo, 12 de xuño do 2019 – Con acusacións cruzadas, e despois de dúas reunións, as posturas de Psoe, BNG e Son de Teo dan como resultado a continuidade de Rafa Sisto como alcalde a partir do sábado.

As explicacións son distintas según a quen se consulte. O Psoe explica que na reunión de este martes “Uxía Lemus anunciou a retirada da súa candidatura á Alcaldía, por responsabilidade coa cidadanía teense progresista, tras a decisión do BNG de apoiar a Rafael Sisto como próximo Alcalde”.

Os nacionalistas non din o mesmo e nun comunicado califican a postura socialista de “fantasiosa por pretender culpar ao Bloque da situación na que están, cando é Son de Teo o que nega calquera posibilidade que non pase por investir a Sisto”; en todo caso avanzan que “o sábado apoiarán a candidatura á alcaldía que cumpra a premisa básica de impedir que o PP acceda á alcaldía, e seguirá traballando polos veciños e veciñas de Teo desde a oposición, sen desbotar acordos puntuais”.

É Son de Teo? pois mantense na postura explicada no comunicado do día 6 “Como forza de esquerda máis votada SON de TEO no valora outra posibilidade que a Alcaldía a ocupe Rafa Sisto encabezando un goberno plural que reflicta o resultado electoral, polo que reclama das outras forzas unha posición responsable, como a mantida en todo momento polo BNG”.

Resulta claro que si Uxía Lemus retira a candidatura só queda, na esquerda, a de Rafa Sisto e si o BNG apoiará a que sexa unha alternativa ao PP queda definido o nome do próximo alcalde da vila.Tan clara é a cousa que os equipos socialistas e de Son de Teo traballan xa no paso seguinte, conformar un goberno que xestione o concello durante esta lexislatura. Ambas as dúas partes recoñecen que as conversas avanzan de xeito adecuado nas distintas áreas polo que só queda saber de que se encargará cada quen.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial