Ramón Lobo fala das falas novas nos Luns do Ateneo

1

Compostela, 8 de abril do 2019 – O xornalista Ramón Lobo fala hoxe luns, 8 da tarde na rúa do Vilar 19,  das falsas novas, as coñecidas como fake news, nos Luns do Ateneo.

Na conferencia titulada “Periodismo de guerra en tempos de fake news”, que tamén se poderá seguir en directo a través da páxina web e redes sociais da asociación, o reporteiro de guerra Ramón Lobo, explicará como os xornalistas intentan poñer cancelas ás falsas noticias que se espallan tan facilmente por internet e que teñen provocado graves alteracións na historia da humanidade, chegando a ser decisivas para desencadear conflitos bélicos e mesmo para a resolución dos mesmos cara a un ou outro bando.

Licenciado en Periodismo pola Universidade Complutense de Madrid, Ramón Lobo traballou dende 1975 en diversos medios de comunicación como a axencia Pyresa, Radio Intercontinental, Heraldo de Aragón, Radio 80, Actual, La Voz de América, Expansión, Cinco Días, La Gaceta de los Negocios e El Sol. Entre 1992 e 2012 traballou como redactor da sección Internacional de El País, cubrindo diversos conflitos como os de Croacia, Serbia e Kosovo, Bosnia-Herzegovina, Albania, Chechenia, Irak, Líbano, Arxentina, Haití, Ruanda, Nixeria, Guinea Ecuatorial, Serra Leona, Uganda, Congo, Zimbabue, Namibia e Filipinas. En 2001 recibiu o XVIII premio de periodismo Cirilo Rodríguez, outorgado pola Asociación da Prensa de Segovia.

Share.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial