займ срочно

Exposición sobre A Rapa das Bestas de Sabucedo na alameda de Santiago

0

Compostela, 30 de xuño do 2018 – A Rapa das Bestas de Sabucedo converteu a alameda de Compostela nun escaparate promocional ao instalar unha exposición ao aire libre, ata o 3 de xullo, que repasa a súa historia.

A Rapa das Bestas celébrase cada ano, na estradense parroquia de Sabucedo ( a escasos 45 minutos desde Santiago) dende o século XVI. Este ano celebrarase do 6 ao 9 de xullo e agarda reunir a máis de 20.000 persoas nun aldea de apenas 60 veciños.

Aínda que a programación de actividades arrancará xa na noite do xoves 5 coa IX Gala na honra e louvanza dos aloitadores, as actividades máis agardadas serán “a baixa” dos cabalos e bestas desde o monte na mañá do venres 6 e os curros do sábado 7 (19.00 horas), domingo 8 (12.00 horas) e luns 9 (12.00 horas). Nesta ocasión, a Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo decidiu que unha parte da recadación do curro solidario do luns entregarase á Fundación Provincial do Banco de Alimentos, mentres que o resto destinarase á mellora das condicións de vida dos cabalos e eguas nos montes da contorna de Sabucedo.

O festival RapaSons, o venres 6

Na noite do venres tamén está programada unha nova edición do festival RapaSons, que presentará a actriz Isabel Risco e que contará a partires das 23.00 horas coas actuacións de Davide Salvado, Fillos do Estramonio, Festicultores e Liviao de Marrao. Ademais, durante toda a fin de semana a parroquia de Sabucedo acollerá distintas actividades musicais, culturais e de animación infantil.

Durante a inauguración da exposición ao aire libre na alameda compostelá, o presidente da Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo, Henrique Bazal, destacou que ata a data de hoxe o gabinete de prensa da Rapa 2018 acreditou xa para cubrir os diferentes curros a máis de 70 profesionais da comunicación procedentes de oito países: España, Portugal, Francia, Italia, Países Baixos, México, Colombia e Estados Unidos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies