займ срочно

Unha cousa é falar de Sabucedo, como fixemos no seu día co presidente da asociación da Rapa das Bestas Henrique Bazal, e outra ben distinta vivilo alí.

Sabucedo é unha pequena aldea na que é moi doado sentirse cómodo, enseguida te fas co espazo e falas dos sitios como si naceras alí. A esta sensación contribúe o Tele Club, so polo café xa merece a pena ir a Sabucedo pero tamén polo trato e a posibilidade de retroceder no tempo. Momentos pasados nos que as aldeas estaban cheas e locais como o de Sabucedo eran o centro de reunión.

Un pouco máis arriba do Tele Club está unha vivenda na que cada ano reúnense ata 70 persoas entre familiares e amigos, máis de 40 anos de encontros arredor da Rapa. É unha constante estes días nas poucas casas da aldea, as visitas para disfrutar da festa. No medio do pobo, xusto por onde chegan os cabalos, atopamos a un home subido nun balcón contando aos animais a medida que van pasando, é un ritual que repite cada ano.

Trátase de Manuel Cabada, un xesuita, teólogo e Doutor en Filosofía pola Universidade de Munich que marchou moi xove de Sabucedo pero que a vida, anos despois, o devolveu ao berce para investigar sobre a historia da Rapa e publicar, en 1992, un libro hoxe descatalogado. Manuel Cabada é unha das persoas que máis saben da historia de Sabucedo e da Rapa, sentámonos con el, no salón da casa dos seus amables sobriños, poucas horas antes do primeiro curro.

Manuel Cabada comezou a investigar a Rapa por casualidade, sempre interesado na antropoloxía a búsqueda de documentación familiar levouno a  descubrir a que existía sobre a Rapa

Manuel Cabada coñece, e conta, a lenda de porque comezou a Rapa das Bestas pero como bo investigador enseguida recorre aos datos, os que sitúan a tradición como mínimo a comezos do século XVII pero que dan a entender que antes de esas datas xa existía

A Rapa das Bestas de Sabucedo mantivo ao longo dos séculos unha relación coa igrexa moi complexa pero que permitiu ao mesmo tempo que o pobo fixera unha fronte común, esa unión é a que mantén viva hoxe en día a tradición

En Sabucedo non viven ao longo do ano máis de 30 persoas aínda que as fins de semana veñen moitos máis a traballar en torno a Rapa, esa unión mantense non so por tradición se non tamén por necesidade como nos explica Manuel Cabada

Pese a estar en moitos sitios Manuel Cabada non atopou unha tradición coma a da Rapa, si viu a preocupación por preservar o propio e iso foi o que o levou non so a escribir o libro se non tamén a facelo en galego

Queda unha hora para que comece a primeira Rapa e deixamos a Manuel Cabada na festa familiar, apurando os últimos momentos antes de que se repita a tradición anual.

Nos achegamos ao curro novo onde as gradas están xa cheas de espectadores agardando que entren as bestas. Imposible non pensar en todo o escoitado e todas as imaxes vistas, imposible non fixarse nos aloitadores que agardan este momento todo o ano. Co curro cheo de bestas os cativos son os encargados de separar os poldros, axudados polos maiores aprenden a collelos e arrastralos pensando no día que serán tamén aloitadores.

Co asalto da primeira besta comezan dúas horas nas que os aloitadores traballan en equipo para facer unha labor que sería imposible de realizar no monte. Non é tanto o corte das crines como a colocación do chip e a inxección para desparasitalos, dúas cousas fundamentais para o coidado dos animais o resto do ano.

Antes de chegar un podería imaxinar bestas de 300 kilos asustadas e dispostas a defenderse, a realidade e que, si ben non deixa de ser perigoso aloitar, os animais atópanse tranquilos ata o momento en que os collen. É doado comprobar o cariño que reciben os animais na Rapa das Bestas e que supera en moito ao que poden aspirar algúns cabalos de carreiras ou o que lle dan algúns tratantes nas feiras. O resto do ano vivirán libres no monte co único risco do lobo que sempre formou parte do ecosistema e non é unha ameaza nova.

Cando un marcha de Sabucedo ten ganas de volver. Ao longo do ano hai outras festas e ocasións para ir a Sabucedo, subidas ao monte para vixiar que todo vaia ben e facer traballos de limpeza, roteiros a cabalo, o festival MUSA (muiñada, magosto e samain), pero a Rapa é especial e un anota no calendario xullo do 2018 cun color especial.

[ngg_images source=”galleries” container_ids=”35″ sortorder=”579,580,581,582,583,584,585,578,586,587,588,589,590,591,592,593,594,595,596,597,598,599,600,601,602,603,604,605,606,607,608,609,610,611,612,613″ display_type=”photocrati-nextgen_basic_slideshow” gallery_width=”800″ gallery_height=”600″ cycle_effect=”fade” cycle_interval=”4″ show_thumbnail_link=”0″ thumbnail_link_text=”[Show thumbnails]” order_by=”sortorder” order_direction=”ASC” returns=”included” maximum_entity_count=”500″]

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies