Raúl Gómez Pato gaña o VII Certame Xosé M. López Ardeiro

0

Negreira, 21 de decembro do 2018 – Raúl Gómez Pato, co poemario Residuos de chamas flamexando, recibiu o premio do VII Certame de poesía Xosé M. López Ardeiro que organizan Xunta de Galicia e Concello de Negreira

Os traballos presentados ó Certame Xosé M. López Ardeiro, escritos en galego, son orixinais e inéditos, cunha extensión mínima de 350 versos e máxima de 700. Na presente edición alcanzouse un número de 24 propostas. A finalista foi Ángeles Madriñán González, co título De animais e outros deuses.

????????????????????????????????????

O Certame Ardeiro de Poesía, promovido polo Concello de Negreira coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo a través da Dirección Xeral de Políticas Culturais, nace en 2012. Busca alentar a escrita poética e difundir a creación dos autores e autoras neste xénero. O xurado do certame estivo formado polo escritor José Antonio Ponte Far, o poeta Xulio López Varcárcel, as profesoras do instituto Xulián Magariños, María Rey e María Sandez, e por Diana Varela.

Os creadores e poemarios premiados en anteriores edicións foron Alturas do Monte Pindo de Rafael Lema, Tántalo de Yolanda López, Caleidoscopio de Andrea Porto Mato, Obituario de Rocío Leira Castro e Ser, corazón e boca de Claudia Castro.

Xosé Manuel López Gómez Ardeiro

Nado en 1944 en Negreira e finado en Ferrol en 2007, este escritor e poeta foi membro fundador da Sociedade Cultural Afonso Eanes e tamén da ONG Alén Mar. Ademais, participou en diversas iniciativas sociais e culturais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial