займ срочно

As razas galegas en perigo de extinción escolleron na Semana Verde os mellores exemplares

0

Silleda, 8 de xuño do 2018 –   A 41ª Feira Internacional  Abanca Semana Verde de Galicia, a cal se celebra ata o domingo, celebrou onte sete concursos  morfolóxicos das razas autóctonas en perigo de extinción, organizados pola Federación de Razas Autóctonas de Galicia ( Boaga) e a Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta ( Asoporcel).

En canto aos concursos das razas bovinas, no II  Morfológico da Raza  Frieiresa, a gañadora foi Finlandia, pertencente á gandería  Armental, de Begonte (Lugo), sendo o segundo posto para Valencia, propiedade de Alberto Cortés González, de Xunqueira de Espadañedo (Ourense), e o terceiro para  Fiaña, de Francisco Manuel  Penabad Pita, de Ortigueira (A Coruña).

Primeiro Premio Caldela

Pola súa banda, no IV Concurso  Morfológico da Raza  Limiá, a vencedora foi Lagoa, propiedade de Lisardo López Branco, de Baltar (Ourense). O segundo lugar conseguiuno Loura, de Jesús  Pardal  Catro, de Rois (A Coruña) e o terceiro  Cuka, de Gandería  Balín, de Verea (Ourense). No V da Raza  Caldelá o  podium estivo composto por  Cepada, de Juan Manuel Lage Cid, de Maceda (Ourense),  Calceta, de Roberto Louzán Alonso, de Cotobade (Pontevedra) e  Centea, de José González Carballo, tamén de Maceda.

Primeiro Premio Cachena

En canto ao VI da raza  Vianesa o primeiro posto recaeu en Pa II, de Gandería Cimadevila, de Montederramo (Ourense), mentres que a segunda posición foi para  Vitorina, de Gandería  Martelo, de Outes (A Coruña) e a terceira para  Duña, de Fernando Bouzas  Bentín, de Rois (A Coruña). No VII Concurso  Morfológico da  Cachena Solfa, de Gandería Tras  do Río, de Ortigueira, foi a campioa, seguida de  Vanesa, de José Antonio Calvo Paredes, de Curtis (A Coruña) e de  Carriza, propiedade de Gonzalo Seoane Prado, de Vilalba (Lugo).

En canto ao 5º Campionato Galego da  Galliña de Mos, na súa sección por lotes, venceu un pertencente a María  Grille Negreira, de Val do Dubra (A Coruña), sendo o segundo un de José Zapata Sánchez, de Castro de Rei (Lugo) e o terceiro un de Alejandro  Collazo Casal, de Mos (Pontevedra).

Na de galos o gañador foi un exemplar de Javier Riqueza Lois, de Pontevedra, seguido dun pertencente a José Luis Freire Castedo, de Pol (Lugo), e dun de Cruz Lucía  Grille Negreira, de Tordoia (A Coruña). En canto a galiñas, o  podium estivo composto por exemplares de  Loures  Mullet Abeledo, de Lalín (Pontevedra), de Javier Riqueza Lois, e de Francisco José Mosteiro Solveira, de Vilalba (Lugo). No Concurso  Galiña con  Poliños, os vencedores escolleranse por votación popular de todos os asistentes á feira que queiran emitir o seu voto, coñecéndose o resultado o domingo.

Primeiro Premio Galiña de Mos

Nestes concursos, que se enmarca no convenio entre a consellería  do Medio Rural e a Fundación Semana Verde de Galicia para a promoción destas razas e que conta co apoio do  Feader (Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural), participaron 20 ganderías nos concursos das razas bovinas e 27 criadores no campionato da  Galiña de Mos.

Porco Celta

En canto ao II Concurso  Morfológico do  Porco Celta, organizado por  Asoporcel, na categoría de machos venceu un porco de Carmen  Novío  Tuña, de Outes (A Coruña), tras o cal conseguiron galardón uno de José Barreira Alonso de Cospeito (Lugo) e outro de José Zapata Sánchez, de Castro de Rei (Lugo). En femias as tres primeiras clasificadas foron exemplares de Manuel  Rouco  Villares, de Vilalba, de José Pega Eiras, de Castro de Rei; e de  Maricarmen Jacobo Varela, de Agolada (Pontevedra).

Primeiro Premio macho Porco celta

En canto a recría, categoría que se incluíu nesta edición, a primeira e segunda clasificadas foron exemplares de Isabel Rodríguez Hermida, de Lalín (Pontevedra), sendo o terceiro una de José Barreira Alonso.

A este  morfolóxico concorreron 56 exemplares pertencentes a 23 ganderías das catro provincias galegas.

Por outra banda, o certame conta con exposición de todas as razas, as bovinas  Cachena,  Caldelá,  Frieiresa,  Limiá e  Vianesa, o  Porco Celta, a Cabra e  Ovella  Galegas, o  Cabalo de pura raza  Galega e tamén a  Galiña de Mos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies