Zumalave dirixe a Real Filharmonía na clausura do IX Festival Internacional Peregrinos Musicais

0

Compostela, 3 de xullo do 2019 – O IX Festival Internacional Peregrinos Musicais remata hoxe coa actuación da Real Filharmonía de Galicia acompañada por tres músicos noveis galegos xunto a outros procedentes de Holanda, Canadá e Rusia

A Real Filharmonía soará, baixo a batuta de Maximino Zumalave, a partir das oito e media da tarde no Auditorio de Galicia.

Do total de quince mozos que foron seleccionados para participar nesta edición do festival, todos eles de entre 10 e 22 anos de idade, escolléronse a oito para actuar como solistas neste concerto coa Real Filharmonía de Galicia. Trátase dos galegos Xosé Antón Comesaña, clarinetista de Vigo; Luís López, violinista de Lugo; e da viola compostelá Marta Rodríguez. Ademais, contarase co violoncellista holandés Thomas Prchal, co pianista canadense Elijah Orlenko e cos xoves rusos Erik Mirzoyan (clarinete), Artur Krischyan (violín) e Efrosinia Shuplyakova (arpa).

A través do Festival Peregrinos Musicais conséguese dar respaldo e proxección internacional a novas promesas da música. Os rapaces gozan ademais dunha ocasión única para tocar como solistas cunha orquestra profesional.

Obras para clarinete, violín, viola, violoncello, piano e arpa

No transcurso da actuación o público asistente terá a oportunidade de escoitar fragmentos de pezas ou obras completas pertencentes a diferentes épocas e estilos. Así, o programa inclúe o Concerto para clarinete de Aaron Copland, a Sinfonía concertante en Mi bemol maior de Mozart, as Variacións sobre un tema rococó de Chaikovski, o Concerto para piano nº 23 de Mozart, Sholem-alekhem rov Friedman! do compositor húngaro Béla Kovács, a Danza rusa de O lago dos cisnes de Chaikovski, rematando coa Aria ao estilo clásico do francés Marcel Grandjany.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial