займ срочно

A Real Filharmonía de Galicia participa en Música en Compostela

0

Compostela, 8 de agosto do 2017 – A Real Filharmonía de Galicia participa un ano máis na 60ª edición do  Curso Universitario Internacional de Música Española Música en Compostela con dous concertos.

O primeiro celebrarase mañá mércores, 9 de agosto, e o segundo o venres día 11. Ambas citas terán lugar no Auditorio de Galicia ás 20:30 horas, baixo a batuta do director asociado da orquestra, o mestre compostelán Maximino Zumalave.

O concerto do mércores comezará coa obra Canciones y danzas para Dulcinea, do compositor aragonés Antón García Abril (1933). Son un total de seis cancións e danzas que narran a historia da eterna amada de Don Quijote, un canto ao amor ideal cargado de moita emotividade poética. En 1984 o autor compuxo a banda sonora da película Monsignor Quixote, baseada no relato de Graham Green, por encargo da BBC. Un ano despois encárganlle unha serie de pezas baseadas no mesmo tema, o que se concreta nesta suite.

A continuación os músicos achegarán ao público a Sinfonietta in Re maggiore do compositor madrileño Ernesto Halffter (1905-1989), considerado o único discípulo de Manuel de Falla. Representa unha das primeiras obras do Neoclasicismo musical en España, coincidindo no tempo coa belle époque.

O Curso Universitario Internacional de Música Española Música en Compostela creouse en 1958, por iniciativa do mestre Andrés Segovia. Dende entón, celébrase cada verán en Santiago de Compostela, mantendo a súa finalidade de informar, interpretar e cultivar a música española. En cada edición matricúlanse uns 120 alumnos, de máis dunha vintena de nacionalidades diferentes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies