O Real Madrid cumpre as previsións e derrota ao Monbus Obradoiro (78-65)

0

Compostela, 9 de abril do 2018 – O  Monbus Obradoiro caeu ante o actual líder da liga Endesa, o Real Madrid, na súa visita ao  WiZink  Center ante un  Carrol inspirado (78-65).

Os de Moncho Fernández comezaron o partido con Pozas, Thomas,  Bendzius,  Llovet e  Pustovyi como quinteto inicial, buscando a maneira de desarmar ao seu rival nun cuarto marcado pola igualdade no marcador. Thomas anotaba un triplo que inauguraba o taboleiro do partido e o quinteto ao completo traballaba duramente en ataque e en defensa, anotando tanto os seus xogadores interiores como os exteriores e facendo que o Real Madrid non se sentise cómodo en ataque. Así, a falta de 3 minutos, os  obradoiristas colocábanse 10 puntos por encima do seu rival, pero os madridistas reaccionaron cun parcial de 11-0 que o  Monbus Obradoiro non puido frear e pecharon o cuarto 19-18 a favor dos brancos.

O Real Madrid seguía anotando con facilidade nas primeiras posesións do segundo cuarto, pero  Spires cun mate e  Radovic cun  palmeo mantiñan o encontro igualado (23-22). O xogador  montenegrino sentía cómodo na pintura e aproveitou a súa vantaxe para anotar. Pero as canastras de  Ayón,  Yusta e Reyes deron aire aos brancos (31-24). A falta de 3 minutos Corbacho anotaba un triplo que achegaba ao seu equipo no marcador (31-27). Os árbitros sinalaron unha falta de Thomas sobre  Rudy desde 6,75, que o levou á liña de tiros libres, anotando os 3 adicionais. O  Monbus Obradoiro buscou a vantaxe nos seus xogadores interiores e  Pustovyi pechou o segundo cuarto anotando unha canastra sobre a bucina para irse ao descanso 8 puntos por baixo (40-32).

Bendzius inaugurou o marcador tras o descanso cun triplo pero o Real Madrid, da man de  Doncic,  Carrol e  Randolph, conseguiron anotar un parcial de 9-0 que freou Thomas cunha canastra de dúas (49-37). Os de Moncho Fernández víanse prexudicados pola falta de acerto desde a liña de 6,75 e os brancos tentaron romper o partido co seu acerto, poñéndose vinte puntos por encima ao termo do cuarto (62-42).

O  Monbus Obradoiro non se ía a render e tentou facer dano ao seu rival en ataque, pero a intensa defensa madridista non lle permitía recortar distancias no marcador ao comezo do cuarto. Pero os de Moncho Fernández tiraron de forza e garra e obrigaron a  Laso a pedir un tempo morto tras anotar un parcial de 0-8 (69-56). Tras a pausa, os de Moncho Fernández volveron anotar, aumentando o parcial cun mate de  Spires. Co seu esforzo o  Monbus Obradoiro recortou distancias pero non foi suficiente e o partido finalizou 78-65 a favor do Real Madrid.

O equipo volve a Santiago de Compostela para preparar o próximo encontro ante Unicaja, este mércores, ás 20:30 horas, no Partido do Estudante, con promoción no prezo das entradas, a 10€, para os membros da comunidade da USC.

Ficha técnica

Real Madrid 78:  Randolph (6),  Doncic (10)  Carroll (22),  Tavares (4) e Taylor (6) -equipo inicial-,  Rudy (3),  Yusta (8),  Randle (6), Reyes (4),  Radoncic (3) e  Ayón (6).

Monbus Obradoiro 65:  Llovet (4),  Pustovyi (7), Thomas (7),  Bendzius (14) e Pozas -equipo inicial-,  Sabat, Navarro (5),  Radovic (9),  Simons (3),  Spires (7), Corbacho (3) e  Laksa (6).

Parciais: 19-18, 21-14, 22-10 e 16-23.

Árbitros:  Hierrezuelo, Rial e  Mendoza.

Incidencias: Partido correspondente á vixésimo sexta xornada de Liga Endesa disputado no Palacio de Deportes da Comunidad de Madrid  ant 7.228 espectadores. 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial