займ срочно

Reclaman na Baña unha rebaixa da taxa do lixo pola deficiencias do servizo

0

A Baña, 9 de novembro do 2018 – O Psoe de A Baña presentará unha moción no vindeiro pleno reclamando unha rebaixa na taxa do lixo pola deficiencias no servizo.

Na exposición de motivos o Psoe explica que na recollida de residuos dos colectores amarelos, e a xestión do punto limpo que realizaba a empresa Soil Recovery, deixouse de facer  ao entrar esta en quebra. Detectado o problema, dende o Partido Socialista, solicitouse en varias ocasión que se atallara o asunto o antes posible, como fixeron outros concellos, co fin de minimizar as molestias que se estaban a ocasionar á veciñanza. A falta de solución provoca que desde hai dous meses estean os colectores amarelos a rebordar   coa conseguinte problemática hixiénica e medio ambiental, que orixina o ter ao lado das vivendas bolsas de lixo polo chan.

Os socialistas lembran tamén que A Baña é dos concellos cunha taxa de lixo máis alta, 73.13 € fronte os 59 € que paga Negreira ou os 65 € que paga Santa Comba.

A proposta que se levará a pleno reclama que o interventor calcule o porcentaxe a bonificar, de acordo os días que non houbo servizo. Que se modifique a ordenanza fiscal reguladora da taxa por actividades e servizos relacionados coa hixiene urbana no capítulo 3º artigo 7 (exencións e bonificacións), e se contemple a  bonificación correspondente.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies