займ срочно

Reciclaxe de ordenadores en Oroso

0

Oroso, 2 de xullo do 2018 – O concello de Oroso ven de poñer en marcha unha campaña de reciclaxe de ordenadores que serán doados a cativos que por dificultades económicas non poidan acceder a eles.

A campaña leva por título ‘Recicla para un neno e trátase ’ dun proxecto de responsabilidade social. A concelleira de Benestar Social, Ensino e Atención á Infancia de Oroso, Beatriz Rodeiro,é a impulsora desta iniciativa xunto coa empresa Infolitic, que ten a súa sede no municipio de Oroso. A empresa encárgase de borrar toda a información dos ordenadores de forma segura, como paso previo á instalación de diferentes programas e ferramentas educativas. O proxecto busca que a xente que xa non use un equipo no canto de tiralo, cédao, para que un neno poida aprender e educarse con el.

A persoa que doa un ordenador poderá saber en todo momento a situación na que se atopa o equipo doado e se lle notificará por email se o ordenador se lle regalou a un neno ou si pola contra se procedeu ó seu reciclaxe no punto limpo. “Faremos unha selección dos equipos que realmente teñan posibilidades de reutilización e cos outros nos encargaremos do seu correcto reciclaxe”, aseguran desde Infolitic.

“Preparamos todos estes equipos informáticos e os poñemos a punto cun sistema GNU/Linux, cun paquete de programas educativos, para poder darllo a un neno o nena de entre 6 e 12 anos que o necesite para mellorar a súa vida e a súa adaptación á sociedade”, engaden.

Por outra parte, impartirase un curso para estes nenos onde aprenderán a desenvolverse co seu novo equipo. Ademais da labor social, este proxecto aporta solución ao problema ambiental que está a sufrir o planeta.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies