Reclama a mellora dos aparcadoiros públicos da Estrada

0

A Estrada, 11 de abril do 2019 – O BNG reclama do goberno municipal da Estrada que mellore o estado dos aparcadoiros públicos de Correos e da Casa das Letras.

Para os nacionalistas os “usuario dos aparcadoiros da Casa das Letras, o de Correos ou o da avda. de América atópanse con que aparcar e manobrar neles é unha verdadeira aventura”. Explican que no da Casa das Letras, ademais das fochancas da zona do medio, carece de referencia algunha que racionalice o espazo, cun mal aproveitamento e creando problemas de maniobrabilidade. Engaden que  “no caso dos outros dous xa é un problema puro e duro  de imposibilidade de transitar por eles. Fochancas e máis fochancas que case imposibilitan o tránsito e o abandono do vehículo sen pillar unha molladura”.

O BNG pide ao alcalde “que aclare se ten pensado deixalas definitivamente así, no estado lamentábel en que se atopan, ou as vai tomar en serio. A veciñanza ten dereito a saber se o PP só aposta polas zonas a que chegou a un acordo económico cun veciño ou se vai a preocupar de todas as que hai”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial