Reclaman que o concello de A Baña execute a limpeza de fincas denunciadas

0

A Baña, 21 de maio do 2018 – O Psoe de A Baña ven de presentar unha moción na que insta ao concello a a executar os traballos de limpeza das franxas de seguridade próximas as vivendas, co fin de minimizar os riscos  do lume.

O Psoe lembra que a partir do día 31 será o Concello o que teña que impoñer o cumprimento forzoso da xestión da biomasa vexetal e avaliar o cumprimento ou non dos veciños en canto a limpeza da zoa de seguridade. Por regra xeral a normativa indica que non pode haber nin maleza nin árbores a menos de 15 metros das casas. Entre 15 e 30 metros so pode haber frondosas caducifolias, sempre que estas estean separadas entre si 7 metros, mentres que as especies de combustión rápida ( pinos, eucaliptos e acacias) tan so están autorizadas a unha distancia mínima de 50 metros. Os propietario dos terreos que incumpran a normativa teñen 15 días tras recibir a notificación para limpar os terreos, e en caso de incumprimento, o Concello ten a potestade de executar el mesmo os traballos e repercutir os custos o propietario.

O Psoe di ter constancia de que varios veciños de distintas parroquias teñen feito a correspondente denuncia no Concello, de distintas leiras que incumpren a normativa en canto a limpeza da biomasa, o que fai que as súas vivendas corran perigo ante un posible lume. Estas denuncias demostran o abandono dos terreos de cultivo e a falta de control por parte do Concello na reforestación con especies  denominadas de rápida combustión, o que fai que a  Baña teña varias  vivendas en risco de lume por non estar limpas dita franxa de seguridade.

O grupo socialista, na moción presentada, solicita que se proceda a limpeza por parte do Concello, das franxas de seguridade das fincas nas distintas parroquias  que a día de hoxe están denunciadas no Concello. Que se faga un estudo por parroquias das fincas  afectadas, para saber a situación real a día de hoxe sobre o número de leiras afectadas. Finalmente pídese que se elabore un plan de limpeza, para avaliar si o Concello ten capacidade de executar os traballos de limpeza,  e proceder  a realizalos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial