Reclaman a circunvalación para Sigüeiro en Oroso

0

Oroso, 7 de abril do 2019 –  O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, reclama do Ministerio de Fomento que axilice o proxecto de circunvalación para Sigüeiro por onde pasan cada día miles de vehículos que provocan a miúdo grandes retencións.

Mirás ten claro que  “Non podemos permitir que 3.000 vehículos de gran tonelaxe pasen cada día por Sigüeiro,  o noso casco urbano”. Esta reclamación do rexedor prodúcese despois de que a avería dun camión provocara de novo un gran  atasco na estrada que cruza o núcleo.

Mirás presentoulle ao ministerio hai meses “o proxecto dunha nova circunvalación en Sigüeiro polo oeste, desde a rotonda do polígono, á altura do supermercado Familia, ata a bifurcación da estrada que vai ao aeroporto de Lavacolla. Non é unha obra complexa, xa que un tramo importante xa está feito, falamos dunha infraestrutura imprescindible para mellorar o tráfico, o Ministerio de Fomento comprometeuse a apoiar esta alternativa pero esíxolle celeridade”.

Por outra parte, o alcalde de Oroso espera unha execución rápida das obras da nova rotonda da praza da Foca en Sigüeiro, que contarán cun investimento de 141.639 euros e foron licitadas polo Ministerio de Fomento no mes de xaneiro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial