Reclaman a creación dunha agrupación de Protección Civil en A Baña

0

A Baña, 28 de xaneiro do 2019 – O Grupo Municipal do Partido Socialista en A Baña rexistrou no Concello, para o seu debate en pleno, unha moción na que demanda a posta en marcha dunha agrupación de voluntarios de Protección Civil no municipio.

O voceiro socialista, José Antonio Pereira, asegurou que “Dende a aprobación da nova Lei de Bases de Réxime Local, queda totalmente claro que a protección civil é unha máis das competencias dos concellos. A creación dun voluntariado de Protección Civil está máis que argumentado polos servizos que prestaría ao Concello, o baixo custe do mesmo para as arcas municipais, e a labor social que proporcionaría aos veciños”.

Según os socialistas esta competencia é un servizo mínimo obrigatorio nos concellos con máis de 20.000 habitantes, pero a citada lei recolle que os municipios “poderán promover toda clase de actividades que contribúan á mellora da protección e seguridade dos veciños”, con independencia da súa poboación. “Son funcións básicas de Protección Civil a prevención e a intervención para facer fronte a unha situación de risco, a rehabilitación de servizos públicos esenciais, ou a vixilancia en eventos con especial afluencia de persoas”, lembra Pereira.

O Psoe considera que a falta de Policía Local e non ter un cuartel propio da Garda Civil deixa ao concello nunha situación de risco. O concello ten 98 kilómetros cadrados e 15 parroquias, un territorio complicado de cubrir sen un equipo mínimo.

A moción presentada solicita  “aprobar a creación dun voluntariado de Protección Civil en A Baña, cun regulamento propio, e solicitar e tramitar nas distintas administracións (Deputación, Xunta de Galicia) as correspondentes subvencións para dotar do equipamento necesario a esta nova agrupación”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial