Reclaman a eliminación das “Curvas da Xesteira” en O Pino

0

O Pino, 14 de novembro do 2018 – O Psoe de O Pino solicitará o seguinte pleno municipal que se modifique un dos proxecto do POS para eliminar as chamadas Curvas da Xesteira.

Trátase dunha obra que financiará a Deputación da Coruña con cargo o POS+2018 (Complementario), e que conta con un orzamento de 197.857,29€. O proxecto, que aínda está pendente de execución, non contempla a eliminación do trazado sinuoso das “Curvas da Xesteira” polo que o Psoe solicitará que sexa modificado para engadir esta mellora.

O voceiro socialista Oscar Vilar, a esquerda, co Deputado Antonio Leira

Os socialistas, creen que o Concello cometeu un gran erro no deseño da obra, o non figurar como prioridade a eliminación do tramo máis perigoso. Consideran necesario que antes de sacar a concurso as obras débese modificar o proxecto, “hai que deseñar un novo trazado que elimine ese tramo de curvas, o custo é mínimo, e debemos apostar pola máxima seguridade viaria”, afirma o voceiro Óscar Vilar. Tamén asegura, que a

Deputación, ente que financia, dará o visto bo a tal modificación. Anuncian que, levarán este asunto, vía moción, o próximo pleno ordinario, e esperan que salga adiante, “xa que falamos dunha vella demanda da gran maioría dos veciños/as da parroquia de Budiño”, apuntan.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial