Reclaman a gratuidade do tramo Sigüeiro-Santiago da AP9

0

Oroso, 11 de setembro do 2018 – O BNG de Oroso ven de presentar unha moción co obxectivo de que o pleno se posicione en contra da suba de peaxes da AP9 e reclame a gratuidade do tramo con Santiago.

O BNG lembra que as subidas das peaxes veñen motivadas, a maiores da subida decretada polo goberno do Estado, para pagar a ampliación da Ponte de Rande e da circunvalación de Santiago así como para que Audasa recupere o importe dos descontos dos tramos Vigo-Pontevedra. Na actualidade o tramo Santiago-Sigüeiro-Santiago da AP9 xa acada un prezo de 1,65€ para turismos e de ata 3,60€ para vehículos pesados, polo que na moción ínstase ao Ministerio de Fomento a decretar a gratuidade.

En palabras do concelleiro Diego Boquete, a gratuidade deste tramo suporía un elemento de dinamización económica, social e demográfica para o concello, e considera que a subida das peaxes esta tendo un impacto negativo e directo, non soamente no desenvolvemento do polígono industrial de Oroso, senón no conxunto da veciñanza do concello. Do mesmo xeito, a subida das peaxes repercutirá na desviación do fluxo de transporte de mercadorías e vehículos pesados, incrementando o transito deste tipo de vehículos pola estrada N-550. Así, a proposta do BNG de Oroso procura paliar en gran medida o efecto que o intenso tráfico ten na localidade de Sigüeiro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial