Reclaman a plena inclusión de nenos con discapacidades no CPPI dos Dices en Rois

0

Rois, 9 de abril do 2019 – O colectivo Erguer reclama da Xunta de Galicia e da Consellería de Educación os medios necesarios para a plena inclusión dos nenos con discapacidades no CPPI dos Dices en Rois.

A situación de falta de persoal vense producindo desde principios de curso e afecta a varios alumnos dos Dices que precisan apoio de coidador, especialistas en Audición e Linguaxe e profesorado de Pedagoxía Terapéutica. Erguete explica que as reclamacións non son respondidas desde a administración pese a existir informes de diferentes especialistas da Sanidade Pública, da Universidade e incluso o Equipo de Orientación Específico provincial da propia Consellería.

Os pais denunciantes, realizaron varios escritos dirixidos á Inspección Educativa, á Conselleira de Educación e Xefatura territorial sen obter ningún tipo de resposta, aplicando o silencio administrativo. Os pais consideran que “o silencia administrativo é a fórmula para negar un dereito que con criterios técnicos tería difícil xustificación, aplicando recortes absolutamente inadmisibles que vulneran os dereitos máis básicos dun colectivo especialmente sensible a estas incomprensibles medidas”.

Erguete engade que este silencio “é unha barreira infranqueable para os pais que padecen esta situación tan sangrante, optando na maioría dos casos por buscar solucións fóra do ensino público, sendo esta situación realmente infranqueable para as familias con escasos recursos económicos”.

Consecuencias directas

A falta de recursos ten consecuencias directas no día a día.  Xa no inicio do curso escolar os pais do alumnado e a propia dirección do Centro Educativo, así como a ANPA do mesmo, comunican de maneira formal a necesidade de incorporar especialistas para a atención educativa destes nenos e do resto do alumando que presentan necesidades de atención especializada, sen obter  resposta.

Os pais dunha nena advirten da necesidade doutro coidador, tal e como indican os informes dos diferentes funcionarios públicos. O resultado é de un accidente nas primeiras semanas do curso, con ingreso hospitalario por dobre fractura, que non condiciona para nada a actitude mantida pola Consellería.

Da mesma maneira, a falta de coidadora condicionou a participación en actividades complementarias e extraescolares dos cativos xa que non se pode garantir a seguridade das mesmas. Os pais rexeitan o uso do comedor escolar dadas a importantes limitacións de autonomía dos cativos e a a existencia dun coidador unicamente.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial