Reclaman ao alcalde de O Pino que presente novas alegacións ao proxecto mineiro

0

O Pino, 17 de decembro do 2018 – A oposición do concello de O Pino levará a pleno unha moción reclamando que se presenten novas alegacións ao proxecto mineiro de Touro.

Consideran que, unha vez coñecidos os novos informes como o do Consello Internacional de Monumentos e Sitios (ICOMOS), é necesario formular novas alegacións facendo partícipes das mesmas aos veciños afectados.

O informe do  ICOMOS, organismo ligado a UNESCO,  alerta que a

actividade mineira proxectada (escolleiras) sepultará unha parte da trazada histórica do Camiño de Santiago orixinal, destruíndo bens culturais do entorno ligados o Camiño de Santiago. Camiño, incluído na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO.

Así mesmo, as contestacións dadas pola empresa promotora, ó informe de consideración municipais, confirman que no termo municipal de O Pino a Mina eliminará, entre outros; un centro de captación de auga, un deposito e planta de tratamento, un miradoiro, e parte dunha senda. O proxecto tamén contempla expropiacións de terreos para proceder o desvío do leito dun río.

Para a oposición de O Pino, Psoe e BNG, considera estes motivos máis que suficientes para instar a través de moción ao Alcalde a presentar novas alegacións facendo partícipes das mesmas aos veciños afectados. Moción, que presentarán para o seu debate no último pleno ordinario do ano, fixado para este mércores, 19 de decembro, as 10:30 horas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial