Reclaman ao concello de Touro que amplíe as alegacións ao proxecto mineiro

0

Touro, 5 de decembro do 2018 –  O grupo de En Marea de Touro reclama do concello que amplíe as alegacións ó proxecto mineiro para que inclúan o exposto no informe de ICOMOS.

A agrupación local considera como prioritario recuperar o camiño de Santiago por Touro xa que atraería propostas empresariais e xeraría decenas de postos de traballo duradeiros no tempo. O informe inclúe a necesidade de restauración do camiño histórico Arzúa – Quión – Amenal e a súa recuperación como camiño de peregrinaxe a Compostela.

A formación local defende que o concello, como parte interesada no procedemento, debe completar as alegacións que presentou no seu día mediante a inclusión das recomendacións do informe de ICOMOS e tendo en conta as últimas informacións aportadas por Cobre San Rafael respecto ó proxecto mineiro, e di que de non facelo o concello entraría nunha situación de desleixo por parte do Alcalde.

En Marea Touro recórdalle ó goberno local que o patrimonio histórico -artístico é unha competencia propia do concello tal e como se establece no CAPÍTULO IV, SECCIÓN 1ª, Artigo 80.2.e da Lei 5/1997, de 22 de Xullo, de Administración Local de Galicia e que, por tanto, ten responsabilidade á hora de defender, preservar e promocionar o camiño histórico Arzúa – Quión -Amenal ó seu paso polo concello, así como o resto de bens patrimoniais que se puidesen ver afectados pola actividade mineira.

O grupo parlamentar de En Marea levará ó parlamento galego unha serie de iniciativas relacionadas coa conservación e posta en valor do camiño francés ó seu paso por Touro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial