Reclaman ao concello de Trazo unha rebaixa do IBI

0

Trazo, 19 de decembro do 2018 – O BNG de Trazo volveu levar a pleno unha moción reclamando unha baixada do IBI co fin de mitigar a reforma do catastro.

Os nacionalistas lembran que en xuño do 2016 presentaron unha moción con dúas intencións moi definidas. A primeira que o concello instara ao goberno central a frear a revisión catastral. Por outra banda modificar a ordenanza municipal para rebaixar o tipo de gravamen e aplicar bonificacións ao IBI.  

Os nacionalistas decidiron volver a presentar unha moción sobre o IBI dada a preocupación trasladada pola veciñanza. En ela solicitan por unha banda a rebaixa dos tipos de gravame en zona urbana ao 0,40% e en zona rural ao 0,30%, os mínimos que establece a lei (actualmente está no 0,47%). Por outra parte que se apliquen as bonificacións que contempla a lei, especialmente a do 95% máximo que se lle poden aplicar ás construcións ligadas a unha actividade gandeira ou agraria e a do 90% ás construcións situadas en núcleos eminentemente rurais.

Finalmente a moción foi denegada polo Partido Popular, quen dixo “nós estamos aquí para axudarlle á xente e non ir en contra dela, por iso imos votar en contra da moción”, feito que foi retrucado polo concelleiro do BNG Martín Rei: “como podedes dicir que estades aquí para axudarlle á xente cando votades en contra de baixar o IBI, quen se vai crer iso?”. A parte disto o PSOE apoiou favorablemente a moción.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial