Reclaman ao Sergas polo Centro Médico de Bandeira

0

Silleda, 15 de decembro do 2018 – O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, vén de reclamar á xerencia integrada do Sergas a mellora na cobertura sanitaria do Centro de Saúde de Bandeira.

O rexedor contactou coa xerente do Sergas, Eloina Núñez, en días pasados, quen se comprometeu a cubrir novamente as dúas prazas de facultativos do centro logo das vacacións de Nadal.

O municipe realizou esta xestión ante a preocupación existente pola tardanza en conceder citas, situación que se debe a que nestes días só hai un médico no centro.  “Somos conscientes que o da Bandeira non é o único afectado pola situación que estamos a vivir en Galicia estes días, pero agardamos que en canto sexa posible, e tal como se comprometeu a xerente, se cubran as dúas prazas e os usuarios poidan ter unha mellora atención”, indica o alcalde, que agradeceu unha vez máis a Eloina Nuñez a súa atención.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial