Reclaman dos orzamentos da Xunta 700.000 € de inversión en O Pino

0

O Pino, 26 de novembro do 2018 – O Psoe de O Pino reclama dos orzamentos da Xunta de Galicia unha inversión de setecentos mil euros para o concello.

Unha vez coñecido o proxecto de orzamentos para o ano 2019 o Psoe denuncia que non se contempla ningunha partida en concreto para o Concello de O Pino. Por este motivo a agrupación socialista vén de presentar emendas para distintas actuacións, que alcanzan un importe de 700.000€.

Demandan, que nos orzamentos deben figurar, como mínimo, 300.000€ para a EDAR que dará servizo as parroquias de Arca, Pereira e Castrofeito. A mesma cantidade para o CPI Camiño de Santiago, co obxecto de mellorar a capacidade das aulas e ampliación do comedor escolar, e, 100.000€ para a tan prometida concentración parcelaria de Gonzar II.

O PSOE critica a inacción do Alcalde

Os Socialistas, critican a inacción e falta de ambición do Alcalde na presente lexislatura, “non foi capaz de conseguir ningunha partida importante para o noso concello, vendeu na prensa, varias veces, o tan necesario EDAR, e leva dende o ano 2006 prometendo a concentración do monte na parroquia de Gonzar, e un ano máis, a Xunta destina O Pino cero euros”, denuncian.

Afirman que, todas a obras importantes que se levan feito foron financiadas grazas o POS+ da Deputación, o cal, tamén axudou a reducir a débeda. “Débeda, a que tivemos que facer fronte todos os veciños/as pola súa nefasta xestión no asunto do polígono industrial”. Así mesmo, censuran ó Alcalde por ir a protestar á Deputación, coa falsa escusa de recibir menos diñeiro, cando é coñecedor de que a Xunta non lle da nin un só céntimo, e ante tales feitos permanece calado.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial