Reclaman dous médicos máis para o Pac de Ordes

0

Ordes, 8 de decembro do 2018 – Os socialistas de Ordes piden unha cobertura permanente de dous médicos no PAC de Ordes para evitar situacións de risco.

Na actualidade, o PAC de Ordes conta con dous médicos de 15:00 a 22:00 horas e cun só facultativo de 22:00 a 8:00 horas. O voceiro socialista, Alejandro Manteiga, explica que “O pasado mes de novembro, un paciente que fora operado un par de días antes no CHUS acudiu con moita dor ao PAC de Ordes e non puido ser atendido porque o facultativo estaba a atender un domicilio, polo que tivo que agardar ao seu regreso. Entendemos que a prestación sanitaria actual en Ordes é insuficiente. Por sorte esta incidencia non foi tan grave como a de hai uns meses no PAC da Estrada, no que un doente morreu mentres agardaba polo médico que estaba atendendo a domicilio. Do tempo de chegada e actuación depende evitar un risco vital ou un dano irreparable na saúde de moitas persoas”.

Para o PSOE de Ordes, esta problemática únese “ás importantes carencias asistenciais do centro de saúde, especialmente en atención pediátrica onde seguen longas esperas e nunha zona de espera deficiente, onde teñen que compartir espazo con outros pacientes”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial