Reclaman mellor sinalización das parroquias de A Estrada

0

A Estrada, 1 de agosto do 2018 – O Bloque Nacionalista Galego de A Estrada ven de reclamar unha sinalización correcta dos núcleos e parroquias do concello.

Según os nacionalistas na Estrada existen abundantes lugares nos que desorientarse pola falta de sinalización. Consideran que non se trata tan só dun problema no que o visitante saiba onde está e adonde dirixirse se non que tamén “supón unha falla de preocupación polos elementos tradicionais identificativos que conforman o patrimonio cultural do noso país, uns elementos coma no caso dos topónimos, deberían ser protexidos e facelos visibles, evitando o seu esquecemento e mesmo desaparición”. O BNG tamén pon o punto de mira na falta de cartaces en elementos tan importantes como a Torre de Guimarei ou a ponte medieval de Pontevea.

O Bloque considera que “sinalar os nosos lugares e parroquias non é un imposíbel, a pesar do seu elevando número. En concellos da nosa contorna, e sobran exemplos de todas as cores políticas, os lugares e parroquias están perfectamente sinalados permitindo ás persoas que non son do concello atopalos sen maior problema”. Reclaman un plan en varias anualidades que resolva dunha vez este problema.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial