Reclaman melloras no trazado da estrada de Baloira a Pontecesures

0

A Estrada, 15 de novembro do 2018 – O BNG de A estrada ven de instar ao goberno municipal que realice as xestións necesarias para mellorar o trazado da estrada Baloira-Pontecesures.

O voceiro nacionalista Xosé Magariños denuncia que a Xunta está a colocar vallas que non teñen a debida protección para motoristas e insta a eliminar os eucaliptos das marxes que poñen intransitábel a estrada nos días de temporal. “Estas árbores”, explica o concelleiro “son un perigo pola cantidade de pólas que tiran á estrada durante os temporais, un feito que xa temos denunciado hai xa máis dun ano, e mesmo a Xunta de Galiza estudou en 2014 eliminar estas árbores, mais a día de hoxe aí seguen 4 anos despois, causando problemas as veciñas e veciños de Santa Mariña que teñen que utilizar a diario esa estrada”.

“Ademais”, engade Magariños, “todas as vallas que colocou a Xunta de Galiza non teñen a debida protección paras motoristas. A día de hoxe todas as estradas deberían contemplar estas proteccións para evitar graves lesións ás persoas que utilicen este tipo de vehículos, especialmente nunha estrada chea de curvas como é a PO-214 que une Baloira e Pontecesures”.

O BNG engade que esta estrada é a única comunicación do concello coa autovía do Barbanza polo que reclaman que se busquen solucións para mellorar o trazado, empezando polo cruce de Baloira, a capa de rodadura, colocar arcéns “termos unha PO-214 do século XXI e non unha corredoira pola que pasan a diario centos de vehículos e camións”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial