Reclaman melloras para o alto da Grela en Teo

0

Teo, 10 de outubro do 2018 – O Partido Popular de Teo faise eco das queixas veciñais polo mal estado de conservación do alto da Grela en Lampai, un dos mellores miradoiros da bisbarra.

Según o portavoz popular, José Manuel Guerra, “A veciñanza trasladounos o seu malestar polo abandono que existe nesa zona por parte do goberno municipal; foron os propios veciños os que se puxeron en contacto con nós en reiteradas ocasións para denunciar o mal estado do alto da Grela en Lampai”,

O PP lembra que se trata de “Unha zona moi utilizada tanto por veciños como por visitantes ao concello; alberga un mirador dende onde se pode ver a ría de Arousa coa desembocadura do Ulla, o Pico Sacro ou A Curota entre otros lugares de interés en días despexados. Unha zona incríble polo seu valor paisaxístico e mesmo histórico”.

Os populares instan a que o goberno local, encabezado por Rafael Sisto poña solución a este problema “o que non pode ser é que se lle prive aos veciños de gozar da natureza da nosa contorna e que o pico Lampai que atrae a numerosos turistas sexa a nosa carta de presentación nese nefasto estado”.

Dende o grupo popular local fan especial fincapé no “idílico entorno que temos e aínda que sabemos que é tarefa de todos coidalo existen uns mínimos de limpeza, mantemento e conservación que son responsabilidade do goberno local”. “O pico Lampai é un entorno natural moi importante para a nosa zona que alberga as maiores extensións de monte ao redor do concello, un lugar que dende hai anos non recibe melloras e está totalmente abandonado por parte do goberno” conclúe Guerra.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial