займ срочно

Reclaman o ciclo medio de Atención a Persoas con Dependencia para o IES de Negreira

0

A Baña, 4 de abril do 2018 – A Baña ven de sumarse no último pleno a iniciativa, xa apoiada desde o concello de Negreira, de reclamar o ciclo medio de Atención a Persoas con Dependencia para o IES de Negreira.

A petición está impulsada desde a dirección do IES de Negreira como fórmula para ampliar a oferta educativa. Ao pleno asistiu o director do Xulian Magariños, Adelino Pose, un dos principais defensores da iniciativa. Para o director hai demanda suficiente para poñer en marcha o ciclo de atención a dependencia xa no vindeiro mes de setembro.

Nestes momentos non hai na contorna ningún ciclo medio para formar a mozos e mozas na atención á persoas en situación de dependencia. Pose explicou que “Serían trinta prazas e penso que se cubrirían sen ningún problema” e engadiu que este ciclo tería unha duración de dous cursos, cunhas dúas mil horas de formación. O departamento de Servizos Sociais da Baña emitiu un informe favorable a esta iniciativa, porque contribuirá a “mellorar a atención ás persoas en situación de dependencia e porque supón unha oportunidade de saída laboral para a xuventude”. Os tres grupos municipais votaron a favor desta iniciativa.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies