займ срочно

Reclaman o pintado do vial de Souto de Vea na Estrada

0

A Estrada, 30 de xaneiro do 2020 – A veciñanza do lugar ven de trasladar  aos responsábeis do BNG da Estrada a súa queixa polas condicións nas que se atopa o vial de Souto de Vea.

Para os nacionalistas a estrada de Souto de Vea non chega a unhas minimas condicións de seguridade. Unha das principais reclamacións dos veciños é a da sinalización horizontal polo que reclaman o pintado da estrada.

A concelleira do BNG, Susana Camba, explicou que “As liñas que dividen os dous carrís non se ven e o único paso de peóns está tamén despintando e, o que é peor, acumula auga, formando un enorme charco nos días de choiva”.

Camba afirmou que “é clamoroso o abandono deste vial por parte do concello, hai anos que non se pinta e calquera condutor ou condutora ten serios problemas para ver por onde vai o seu carril, así como ver con claridade as zonas de aparcamento. Urxe unha intervención do goberno municipal neste vial”.

Por outra parte, a concelleira do BNG indicou que “este goberno do PP ten unha nula sensibilidade en todo o que ten a ver coa mobilidade, o que pasa no Souto de Vea non é a excepción, é a norma na que viven os veciños e veciñas do noso concello, sexan da vila ou do rural”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies