Reclaman unha nova ordenanza de venda ambulante para A Estrada

0

A Estrada, 25 de abril do 2018 – O BNG de A estrada pide unha nova ordenanza municipal de venda ambulante que atenda as peticións do sector e lembra que a actual data de 2004.

O BNG explica que a venda ambulante é un sector que non só se constitúe como unha importante actividade económica en si mesma, senón que tamén ten un importante efecto positivo sobre o comercio local do concello, que cada mércores acolle a centos de persoas, veciños e veciñas que acoden á vila a facer as súas compras, mais tamén a vender os seu produtos de horta.

Os nacionalistas piden que para a redacción da nova normativa cóntese coa participación dos feirantes, que acoden habitualmente os mércores e sábados.

O concello da Estrada conta cun Regulamento sobre a venda ambulante aprobado inicialmente polo Pleno o 13 de abril do 2004. Posteriormente aprobouse a Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galiza que tivo unha modificación posterior o 28 de decembro de 2017, sen que estas modificacións das leis teñan a súa traslación á ordenanza municipal. Isto fai que o actual regulamento co que conta o Concello estea obsoleto, polo que se fai imprescindible actualizalo a nova realidade lexislativa e aos cambios que se teñen producido no sector. Para o BNG este regulamento non so ten que ter o obxectivo de ofrecer aos clientes un mellor servizo, senón que tamén ten que permitir a autoorganización dos profesionais que traballan nos lugares onde se leva a cabo esta actividade.

Os nacionalistas engaden que as especialidades (diversidade de produtos nun mesmo espazo, prezos económicos, etc.) e a necesidade de potenciar alternativas á cultura predominante das grandes superficies comerciais pechadas e impersoais que van en detrimento do comercio local, fan necesario contar cun regulamento que concilie os intereses do comercio ambulante e do pequeno comercio e que facilite e potencie estas dúas modalidades de venda.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies