Reclaman os informes que xustifican a tala de árbores na Alameda da Estrada

0

A Estrada, 17 de xaneiro do 2018 – O BNG da Estrada ven de solicitar ao equipo de goberno os informes técnicos que, segundo declaracións do alcalde, xustifican a tala de árbores na Alameda.

Os nacionalistas explican que o rexedor xustificou en redes sociais a tala de árbores da Alameda. O portavoz do BNG, Xosé Magariños, considera que  “os veciños e veciñas temos que saber en que se baseou a empresa adxudicataria para cortar ás árbores centenarias da Alameda, e polo tanto desde o BNG queremos ver eses informes técnicos, que xustifican, segundo o alcalde a tala de árbores de gran porte. Di o alcalde que unha das árbores de gran altura que supoñía un perigo, pero para quen”.

Magariños considera que a suposta perigosidade é unha escusa para que á empresa lle resultara máis doado o trabllo e puidera aforrar custos xa que a árbore “levaba décadas de pé soportando vendavais moi fortes, se até o de agora non supoñía un perigo, está claro que o do perigo é un invento do alcalde para xustificar o inxustificábel”.

O concelleiro nacionalista explicou que “rexistramos a petición formal dese informe na tarde do martes, cómpre darlle explicacións aos veciños e veciñas por un feito incomprensíbel e inxustificábel”. “Por outra parte”, indicou Magariños, “se o alcalde ten que saír agora a dar explicacións é porque non se deron cando se falou de ampliar a alameda, o que ven a confirmar o que desde o BNG sempre dixemos, que é un proxecto que se fixo sen participación publica. Esperemos que agora o resto das forzas da oposición dean un paso ao fronte e abandonen o paripé da EDUSI e non sigan facéndolle de coro ao PP”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial