займ срочно

Reclaman que os orzamentos de Touro dean prioridade as accións sociais

0

Touro, 27 de outubro do 2018 – O BNG de Touro ven de presentar as enmendas que presentará aos orzamentos municipais e que se centran nas accións sociais e educativas.

Según os nacionalistas o obxectivo de procurar cambios nos orzamentos é “dar un novo rumbo ao concello priorizando as actuacións sociais e os investimentos en coñecemento fronte a proposta do PP que é calcada a de anos anteriores e onde os únicos investimentos que se contemplan son o asfaltado de pistas”.

O  BNG propón a creación dunha liña de bus interparroquial, o cambio de toda a sinalética do concello, unha partida para bolsas para o estudo  de temas relacionados coa historia, patrimonio, tradicións, toponimia… do concello, ou a creación de «rutas explicativas» que permitan as persoas que percorran as rutas de sendeirismo coñecer os diferentes lugares polos que pasa.

Outra das enmendas propón que se destine unha partida para subvencionar as plantacións forestais con especies autóctonas, que pode ser especialmente importante para aqueles propietarios que teñan propiedades nas faixas de protección de estradas. Tamén se solicita a creación dun punto limpo no concello, a mellora das dúas pontes, sobre o rio Mogo e o rego do Burgo  na estrada que une Bama con Arca e Loxo, por ser dous lugares de frecuentes accidentes de tráfico.

Según o BNG os novos orzamentos ” teñen que ser a ferramenta que permita dar un impulso ao noso concello tan necesitado dunha nova forma de facer política  e dun novo rumbo que o aparte do declive acelerado no que se atopa”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies