Reclaman que os plenos no Pino sexan mensuais

0

O Pino, 25 de xuño do 2019 – Ante a falta de novas sobre as intencións do equipo de goberno de Manuel Taboada, alcalde de O Pino, os socialistas veñen de presentar unha proposta de organización para esta lexislatura.

A proposta socialista aposta por aumentar a periodicidade dos plenos  pasando dunha por trimestre a unha ao mes. Tamén reclaman que se cambie a hora de celebración das mesmas. Dende o PSOE piden que pasen a celebrarse as 20:00 horas, en vez das 13:30 horas, facilitando así a asistencia da veciñanza.

Sen Xunta de Goberno

O Psoe quere tamén que se elimine a Xunta de Goberno Local, “a lei non obriga a dispoñer de este órgano nos concellos con menos de 5.000 habitantes, e creemos que non é necesaria, as competencias as asumiría o Pleno”, apuntan. Así mesmo, demanda a creación de seis comisións informativas; urbanismo, turismo, educación cultura e deporte, facenda, servizos sociais, e servizos públicos. Comisións que terían como misión principal o estudo das diferentes propostas para afrontar os novos retos, dadas as coincidencias programáticas dos tres partidos nas pasadas eleccións. Propostas como; modificación do Plan Xeral; ordenanza dos pisos turísticos; accesos á autovía A54;  Xacobeo 2021; ampliación da gardería e CPI; construción do Centro de Día; etc… “todo isto se prometía en campaña, e por parte de todos os partidos, agora, xa rematada a campaña, é a hora de que as promesas muden a feitos, é a hora de poñerse a traballar para que entre todos e todas busquemos as mellores solucións para os nosos veciños/as. Nós, estamos por esa labor, pronto saberemos que opina o resto”, afirma o equipo socialista de O Pino.

Concello de O Pino

Concello de O Pino

Por último, tamén propoñen limitar a cantidade dedicada para as dedicacións exclusivas, fixando un tope de 36.000€ anuais. Unha rebaixa considerable en comparación a anterior lexislatura onde o gasto anual por este concepto ascendía a máis de 85.000€.  Os socialistas, son sabedores que a última palabra sobre a proposta a terá o alcalde popular, Manuel Taboada, o contar coa maioría absoluta, aínda que o convidan a facer autocrítica “nas pasadas eleccións acadou o seu peor resultado, e pola contra a oposición, PSdeG e BNG, sube en votos e porcentaxe, debería gobernar para todos e todas, e a mellor forma e tendo en conta e escoitando as forzas da oposición”, indican.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial