Reclaman que se garanta a captación de auga en Ordes

0

Ordes, 24 de xaneiro do 2019 – O BNG de Ordes instará ao alcalde no próximo pleno a que garante a captación de auga para a vila na presa de San Cosmade.

O encoiro de Vilasesín situado en Mesón do Vento, coñecido como presa de San Cosmade, é propiedade de Naturgy, antiga Fenosa. De esta reserva é da que faise a captación de auga para a vila. O portavoz nacionalista Pablo Vidal explica que  “a confirmación do peche da Central Térmica de Meirama, sementa dúbidas sobre o futuro desta presa, que foi construída a finais da década dos 70 para o abastecemento da propia central”.

O edil nacionalista lembra que “esta captación de auga resulta estratéxica para o abastecemento do casco urbano do Mesón do Vento, así como para a zona norte do concello”. Ademais, en relación coa tramitación do P.X.O.M., Vidal sinala que “resulta vital garantir o seu mantemento posto que pola contra, sería moi difícil xustificar a suficiencia de recursos hídricos, poñendo así en perigo a tramitación do instrumento”.

A este respecto, o BNG de Ordes presentará unha moción na que instan ao alcalde a “promover unha reunión con Naturgy na procura de garantir o mantemento e o futuro da presa de San Cosmade”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial