Reclaman que se retomen as obras das beirarrúas de Alfonso Senra en Ordes

0

Ordes, 15 de abril do 2019 – O BNG de Ordes ven de reclamar do concello de Ordes que retome as obras nas beirarrúas da rúa Alfonso Senra e califican de inxustificable a paralización dos arranxos.

Según Pablo Vidal, portavoz nacionalista, estas obras converteron medio quilómetro de beirarrúas nunha “corredoira”. Acusa ao alcalde, José Luís Martínez de  “ xerar problemas na vez de solucionalos posto que mantén medio quilómetro de beirarrúas da Avenida Alfonso Senra a zahorra durante mais de catro meses”.

Para o candidato do BNG á alcaldía de Ordes resulta inexplicable “a parálise na que están sumidas as obras” e considera que o alcalde “non está á altura do cargo que ostenta, posto que non sabe como reconducir a situación e suprimir as corredoiras que creou”.

O BNG insta ao alcalde do PP “a retomar de inmediato as obras para solucionar os problemas que lle está a xerar á veciñanza e ao comercio local”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial