займ срочно

Reclaman un mellor transporte público para Touro

0

Touro, 23 de xullo do 2018 – O grupo de En Marea Touro ven de reclamar un transporte público de calidade para o concello e considera prioritario un proxecto de mobilidade.

O transporte público é unha das eivas máis claras do concello de Touro. En Marea explica que “as conexións existentes entre Touro e Santiago son escasas e están mal estruturadas, non son efectivas pola escasa frecuencia nin polos tempos excesivos do traxecto, tampouco permiten a mobilidade interna e non cobren a meirande parte das parroquias, o que obriga á veciñanza a dispoñer de trasporte privado, cada vez menos accesible sobre todo polo avellentamento da poboación”.

Para o grupo político a falta de servizos básicos “en moitos casos son causa de que moita xente decida ir vivir a outros concellos da comarca, afondando aínda máis a crise demográfica que padece”. En Marea Touro lembra ademais que ” no vindeiro ano a Xunta vai licitar os contratos do Mapa Concesional do Transporte Metropolitano de Galicia, e Touro ten actualmente un grave problema de mobilidade ó igual que outros moitos concellos do rural galego, mais isto non semella ser unha gran preocupación para o goberno do PP de Ignacio Codesido, que ante a oportunidade e necesidade de presentar unha proposta sólida ao novo plan de transporte metropolitano, decide non facer nada e non ten aínda proxecto ningún que presentar na xuntanza comarcal que terá lugar na consellería; proxectos que si teñen presentado outros concellos da comarca hai meses”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies