Reclaman unha mellor recollida de lixo no rural padronés

0

Padron, 5 de maio do 2018 –  O BNG de Padrón faise eco das denuncias dos veciños das parroquias sobre o mal funcionamento da recollida de lixo no rural.

Os nacionalistas falan da “inoperatividade do modelo de xestión de recollida de lixo no rural de Padrón ordenado polo goberno do PP+PGD. A imaxe mostra a situación dos contenedores diante da escola de A Ponte hoxe día 03 de maio de 2018 ás 18 h. Así están os contenedores ao lado do recinto escolar. Non é a primeira vez, nin é o único lugar”.

O BNG explica que tanto eles como o resto dos grupos denunciaron xa en moitas ocasións a situación e pediron directrices claras no modelo de xestión de recollida de lixo. Os nacionalistas consideran que a maiores de que as propostas da oposición foran rexeitadas os veciños foron “ninguneados”. O BNG lembra ademais que o propio goberno municipal incumpre as condicións de servizo xa que elimináronse puntos de recollida.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies