Récord galego en valos para o Club Atlético A Silva de Ordes

0

Ordes, 13 de xuño do 2018 – Gran fin de semana para o Club Atlético A Silva de Ordes que no campionato galego, ademais de varias medallas, conseguiu o campionato autonómico en valos.

A Silva participaba nos campionatos sub10, sub 12 e sub 14. Os ouros foron para Xoán Loureiro nos 500 metros en lonxitude; Alejandra Souto en triplo salto e 220 m valos; Daniel Loureiro nos 1.000 metros obstáculos con ría e xavelina; e para Martiño Caneda na proba de 500 metros, quen ademais acadou un novo récord galego nos 220 valos.

As dúas pratas foron para Noa Rey nos 60 metros e para Gloria Iglesias en xavelina. Os bronces viñeron da man de Xiana López en peso, de Anxo Ramilo en lonxitude e Martín Barro nos 80 valos.

No que se refire ao Campionato de Galicia Promesa SUB 23, disputado o domingo en Ferrol, Pedro Pose Regos clasificouse na sétima posición en 400 metros. Martín Liste Viaño obtivo a medalla de ouro na proba de disco 2 kg e en peso 7’250 kg, mentres que Mencía Pena Castiñeiras regresou co bronce en xavelina 600 gr.

Cómpre destacar a convocatoria de Lara López por parte da Federación Galega de Atletismo no Campionato de España por Federacións Autonómicas Sub18, o cal tivo lugar en Cidade Real e no que participou en cen metros lisos e 400 metros mixtos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial