Reclaman a recuperación do antigo matadoiro de A Estrada

0

A Estrada, 26 de outubro do 2017 – O BNG de A estrada ven de denunciar que o goberno municipal deixa “esmorecer” o antigo matadoiro do concello.

Desde o BNG da Estrada denuncian o estado de completo abandono no que se atopa o antigo matadoiro, un inmoble de titularidade municipal que según os nacionalistas “o goberno municipal do PP deixa esmorecer entre as silvas, e que logo de anos de inactividade, o deterioro do edificio é público e notorio para calquera persoa que pase á súa beira”.

O BNG explica que para eles “non é de recibo que os veciños e veciñas da Estrada que atravesan tempos de limitacións e precariedade vexan como se deixa que se arruíne unha instalación que logo esixirá un tremendo gasto si se quixer dedicar a algún uso público o día de mañá”.

Hai uns meses o BNG de A Estrada levou a pleno unha proposta para a posta en funcionamento do matadoiro como medio para un intento de relanzamento do sector gandeiro que finalmente foi rexeitada.

O BNG lembra tamén que “o matadoiro non é o único inmoble público que esmorece entre as silvas. O centro ictioxénico de Couso corre idéntica sorte, a pesar das iniciativas e mocións presentadas polo BNG, tanto no Concello como no Parlamento Galego”.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies