A rede de calor do concello de Silleda algo máis cerca de ser unha realidade

0

Silleda, 17 de abril do 2018 – O Boletín oficial da provincia publicou o anuncio de licitación que abre o prazo para presentar ofertas á construción da rede de calor con biomasa de Silleda.

A rede de calor de Silleda terá un investimento de 800.000 euros, financiados nun 80% polo INEGA e o 20% restante o porá o concello. A rede, de biomasa con achas, subministrará de calefacción e/ou auga quente sanitaria o pavillón deportivo César Fares, o campo de fútbol de Outeiriño, a piscina municipal, a Escola Infantil A Galiña Azul, a Residencia e Centro de Día de Maiores e o Hotel Vía Argentum. A Central de Produción da rede construirase na parcela que o Concello de Silleda vén de adquirir á Fundación Semana Verde, situada detrás da sede da Escola Municipal de Música.  Trátase dun proxecto pioneiro en Galicia, que se converterá na primeira rede público-privada deste tipo de Galicia. O prazo de execución das obras é de tres meses, estimándose o seu inicio o vindeiro 28 de xuño.  

As empresas teñen un prazo de 26 días naturais contados para presentar as súas ofertas. O prego de condicións técnicas así coma o proxecto poden consultarse na web municipal (perfil do contratante, Obras) así coma na sede electrónica do Concello de Silleda. A rede de calor terá unha potencia de 1 megawatio e na primeira fase colocaranse case 2 kilómetros de tubaria preasilada.  Na segunda fase conectaranse  á esta rede de calor outros edificios como a actual Casa da Cultura, a Escola de Música o CEIP de Silleda ou a Oficina Agraria Comarcal.

O alcalde Manuel Cuiña explica que “Con esta iniciativa deixaran de expulsarse ao medio nesta primeira fase 342 toneladas de CO2 ao ano, e 380 toneladas no segundo, o aforro económico será de 81.000 euros ao ano respecto ao consumo anual, e de 93.000 euros cando estea lista a segunda fase. A idea é que no futuro calquera usuario privado se poida enganchar”.

Aproveitamento da biomasa

Cuiña explicaba no último pleno que “o obxectivo final e crear un ciclo que nos permita ademais  aproveitar a biomasa dos nosos montes. Esta fase abre as portas para crear un circuíto que de saída a materia prima dende os nosos montes, co que significa tamén no tocante á prevención de incendios”, engade. “É un proxecto ambicioso que culmina a aposta deste Concello por enerxías limpas que vimos realizando nos últimos anos coa dotación de caldeiras de biomasa en edificios municipais ou placas fotovoltáicas, entre outros”, explica o alcalde.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial