A Regadeira de Adela comeza a tempada de outono de microteatro

0

Compostela 9 de novembro do 2018 – Por sexto ano a Regadeira de Adela comeza a tempada de outono de microteatro en Compostela.

Este xénero que ven collendo auxe, e do que na bisbarra A Regadeira de Adela é o principal expoñente, terá este ano 11 pezas que ofrecer. Para algúns parécese máis ao cine que ao teatro xa que como din desde A Regadeira “a  proximidade permítenos observar absolutos  primeiros planos  dunha historia: un rumoreo,  unha caricia  ou un  berro de  dor  fanse  máis grandes, pasamos a formar parte deles: somos a historia”.

O local foi ademais renovado. Os xestores o pintaron buscando un espazo mais minimalista “que permita a creación  nun sentido  máis amplo. Un  espazo  máis neutro, que permite que o artista transforme o  espazo concretamente para a  súa  peza:  as  nosas  habitacións  adáptanse  á historia,  á creación”.

Que  é A  Regadeira de Adela?

Unha alcoba, un salón, un  roupeiro e un baño:  unha  microcasa de teatro,  maxia, música e poesía. A  Regadeira de Adela nace en 2012  coa intención de seguir  construíndo o tecido cultural dá  cidade. Un lugar  aberto  aos artistas de Santiago e de toda Galicia e dirixido a espectadores curiosos e amantes dás experiencias diferentes.

Un concepto que  une cultura e  lecer xa que a proposta pasa por mercar a bebida no Embora, situado ao carón da sala, e  subir a descubrir o  espazo dá  Regadeira de Adela.

Funcións

Todos os  venres e sábados de  novembro e os días 14 e 15 de  decembro. Pases de 21h a 22,30h. Apertura de despacho de billetes 20,30  h. Reservas e información por  wassap: 670 292 997. Entrada: 4 euros por  peza.  Estudantes e artistas: 3 euros por  peza.

Rúa Tras Fiz de Solovio, 2 (arriba  do  Embora).

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial