Reclaman que os orzamentos da Xunta contemplen a rehabilitación do Camiño Histórico Francés que pasa por Touro

0

Touro, 26 de novembro do 2018 – A agrupación local de En Marea en Touro vén de presentar unha enmenda aos orzamentos da Xunta na que piden  recuperar a función do camiño histórico Arzúa-Quión-Amenal como roteiro de peregrinación a Santiago de Compostela, restaurando os tramos degradados do mesmo.

En Marea Touro presentou a enmeda a través do grupo parlamentar e basando a recuperación do Camiño histórico e a súa rehabilitación no recente informe emitido recentemente por ICOMOS,

Para recuperar a función do camiño histórico, En Marea Touro reclama nesta emenda a adxudicación de recursos a fin de elaborar un proxecto de recuperación e proceder á súa sinalización e acondicionamento elemental namentres non se execute un proxecto de recuperación integral. O paso de peregrinos polo Ramal Histórico do camiño francés supón, ademais de un balón de osíxeno para o saturado trazado principal actual, unha oportunidade socioeconómica única para o concello de Touro, por onde discorre a maior parte do trazado antiguo, ademais da posta en valor dun ben patrimonial recollido xa no ano 1834 por Domingo Fontán na Carta Xeométrica de Galiza.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial