Comezan a rehabilitación integral do CEIP Felipe de Castro de Noia

0

Noia, 5 de xullo do 2019 – O alcalde de Noia, Santiago Freire, e a concelleira de Ensino, Mariola López, visitaron as instalacións do CEIP Felipe de Castro, onde veñen de iniciarse as obras de rehabilitación integral, enerxética e funcional do inmoble.

O alcalde dixo das obras do Felie de Castro que “Estamos falando dunhas obras que supoñen un investimento de 670.000 euros e que suporán unha remodelación completa do edificio, onde imos substituír a cuberta para garantir o seu illamento térmico e estanqueidade, ao tempo que cambiaremos toda a carpintería exterior por outra máis de maior eficiencia enerxética e onde substituiremos todas as fiestras por outras dun cristal especial que mellorará o illamento tanto térmico como acústico das instalacións”.

Obras no Felipe de Castro en NoiaOs traballos incluirán a substitución de todo o alumeado existente por tecnoloxía LED. “O que buscamos é aumentar o nivel de confort do alumnado do CEIP Felipe de Castro ao tempo que reducimos o consumo enerxético grazas ao emprego de materiais máis eficientes”, apunta o alcalde noiés.

As obras son financiadas grazas a unha achega da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, cuxa titular, Carmen Pomar, visitou o centro noiés o pasado mes de outubro de 208. Unha colaboración que agradece o alcalde noiés, quen apunta que “as obras van a moi bo ritmo, polo que todo estará rematado en agosto, a tempo para o inicio do vindeiro curso”.

Santiago Freire explica tamén que “en próximos meses acometerase tamén a construción dunha pasarela entre o colexio e o polideportivo, para así favorecer a accesibilidade de todo tipo de persoas á nova instalación deportiva construída na pasada lexislatura”. Ademais, lembrou que hai unhas semanas o Concello de Noia vén de investir 48.390 euros na “pavimentación dunha explanada a carón do polideportivo para o estacionamento de vehículos”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial