займ срочно

Bisbarra, 5 de xaneiro do 2018 –  Os Magos chegan a bisbarra facendo honor ao seu nome xa que estarán en moitos lugares ao mesmo tempo, só tedes que elixir onde queres velos.

Ames xaneiro 2017

En A Baña estarán a partir das cinco e media da tarde, a recepción será no Local social das Escola vellas e ademais do espectáculo de Martín Camiña os asistentes disfrutaran dunha chocolatada para entrar en calor. Os Magos visitarán despois o Centro da Terceira Idade.

Ames daralle traballo aos Reis porque teñen que moverse rápido. Estarán na Casa do Concello, en Bertamiráns, e nas oficinas municipais do Milladoiro, antes do comezo da festa. As cinco e media no Milladoiro e as seis e media en Bertamiráns serán recibidos nos pavillóns en sendas festas que ademais de espectáculos aéreos, con aros e de pompas terá chocolate e rosca para todo o mundo.

Brión xaneiro 2017

Arzúa decidiu suspender a cabalgata e as cinco e media da tarde recibirá aos Reis no Multiusos Terra do Queixo.Os Magos traerán caramelos e lambetadas e unha morea de contos para fomentar o uso da lingua. Tras a recepción os Reis visitarán a residencia de maiores San José.

Brión ten preparado un Belén vivente para recibilos, será as cinco da tarde no polideportivo municipal de Pedrouzos. A Charanga Os Celtas de Negreira porá a música, a Asociación de Mulleres rurais Xuntanza chocolate e rosca e a Asociación Bacoga flocos de millos.

Compostela fixo camisetas motivando a non usar sprays de neve

Seguimos en Compostela. A cabalgata de este ano leva por título A Maxia das Lendas e contará cunha carroza da Fundación Down baixo o lema “son capaz”.  O concello insistiu moito na necesidade de ser responsables e non usar sprays de neve que poder poñer en perigo a seguridade ao caer nos parabrisas dos coches e dificultar a visión dos conductores. Participarán 450 persoas e 7 carrozas e os trens turísticos, a compañía Alehop encherá a comitiva de trasgos, fadas e mouras e xa no Obradoiro Pablo Méndez ofrecerá un espectáculo con música, danza e

Cabalgata en Compostela en xaneiro do 2017

acrobacias aéreas. Destacar que unha das carrozas levará o carbón para aqueles que necesitan mellorar. Os Magos chegarán as 17.30 a estación de ferrocarril para percorrer as rúas ata a Praza do Obradoiro onde está previsto que cheguen sobre as sete da tarde. Alí serán recibidos polo alcalde e a Corporación ao son da música da Banda Municipal. A continuación escoitarase o discurso real e haberá un espectáculo aéreo de gran beleza, para despois comezar a recepción real a todos os nenos e nenas que o desexen.

Lousame xaneiro 2017

Lousame terá aos Reis Magos no polideportivo municipal entre as cinco e as oito da tarde. Xogos, cars a pedais, xiraloco e chocolate con churros para tódolos presentes serán os puntos fortes da festa lousamia.

Melide terá unha actuación de rúa baixo o nome de O Mundo do Circo antes da cabalgata. Os Magos sairán do Pazo de Congresos as seis da tarde e percorrerán a vila para chegar aos tronos reais situados na Igrexa Parroquial.

Negreira xaneiro 2017

Negreira decidiu non xogar co tempo e suspendeu a cabalgata pero non a visita dos Reis que estarán no pavillón do Coto a partir das seis da tarde. Máis de cen persoas os acompañarán e repartiran caramelos entre os asistentes.

Os Magos percorrerán as rúas de Ordes a partir das cinco da tarde. Chegarán ata o concello onde serán recibidos polo alcalde e a corporación. Posteriormente dirixiranse a unha carpa situada na Alameda. En ese lugar ocuparán os tronos para recibir aos cativos que lles contarán cales son os seus desexos.

Oroso xaneiro 2017

En Oroso os Reis saíran as seis da tarde do CEIP Camiño Inglés para chegar 15 minutos despois a Casa do Concello onde serán recibidos pola corporación e o alcalde.De alí irán ata o polideportivo onde se celebrará unha gran festa con Troi, a mascota da Festa da Troita, inchables, música, karaoke, xogos e lambonadas para todos.

 En Rois os Reis Magos farán un longo percorrido que comezara na parroquia de Infesta (16:00 h) e realizará paradas no Colexio de Urdilde (17:15 h), Sorribas (18:30 h), A Gandariña (19:00 h) e Igrexa de Oín (19:30 h). Tras a ofrenda na Igrexa os Magos dirixiranse ao multiusos onde entregarán agasallos aos cativos.

Ordes xaneiro 2017

En Silleda os Magos rematarán a cabalgata no Silleda Park en donde a Fundación Semana Verde invitará a tódolos asistentes a unha chocolatada. O parque abre desde as catro e media e a entrada será gratuita aínda que para disfrutar das atraccións, saltamontes, pista de coches, dragón, olla, tirachinas, barco de aventuras, inchables, camas elásticas, excalestric, carrusel e pista americana, haberá que ter a pulseira que se entrega coa entrada de 5 euros. Tamén estarán dispoñibles os talleres de maquillaxe.

Teo xa agarda polos Reis

A Teo os Magos chegarán en tren. A chegada a estación de Osebe será ás 15.50 h. Dende alí continuarán o seu percorrido  cara o centro da SR de Calo, a onde chegarán sobre as 16:20 horas, logo visitarán o local da Pontevella en Pontevea ás 16.55 h, irán ata o centro comercial dos Tilos sobre as 17:50 e pasarán polo centro cultural da AC Rosalía de Castro ás 18:25 horas. No pavillón municipal da Ramallosa haberá actividades dende as 17:45 horas para facer máis amena a espera das súas maxestades. Haberá inchables, un photocall, unha máquina de facer pombas de millo ou chocolate e roscón de reis que se repartirá despois da chegada das súas maxestades. Ademais haberá maxia, obradoiros de construción de figuras de papel, zumba e outras animacións que acompañarán aos cativos ata a chegada real.

Touro xaneiro 2017

En Touro está previsto que ás 16.30 horas as súas Maxestades de Oriente saian da discoteca Dona Dana acompañados pola Banda de Musica Isabel II de Touro, que tamén interpretará varios temas durante o Festival de Reis. Os Reis Magos chegarán ao Belén Vivente, situado no polideportivo municipal,  ás 17.00 horas. Alí farán a ofrenda ao Neno Xesús. Sobre ás 17.30 horas comezarán as actuacións musicais. O Festival de Reis rematará coa entrega de agasallos por parte das súas Maxestades de Oriente.

En Val do Dubra a cita será no pavillón municipal a partir das cinco da tarde. Na recepción os asistentes poderán disfrutar do espectáculo de Paco Nogueiras.

Vedra recibirá un ano máis aos Reis na Casa da Cultura de Santa Cruz de Rivadulla. Será a partir das seis da tarde e coma sempre haberá agasallos e os cativos poderán contarlle as súas maxestades que agasallos queren.

Unha tarde chea de ilusións por toda a bisbarra de Compostela.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies