займ срочно

Bisbarra, 7 de xaneiro do 2019 – Un ano máis os Reis cumpriron e, comezando por Frades, chegaron a toda a bisbarra cargados de agasallos e ilusión.

O pasado venres Os Reis pasaban por Ponte Carreira. Inician o seu periplo en Frades onde 500 persoas acompañaron a comitiva desde o centro de Ponte Carreira ata o Polideportivo municipal.

Ordes tivo unha comitiva formada por cen persoas que percorreu a avenida Alfonso Senra ata chegar a carpa situada na Alameda.

Arzúa estivo de estrea xa que os Reis chegaron a terra do queixo con tres carrozas novas equipadas con luces led e como sempre con animación de rúa

En Oroso foron máis de 2.000 persoas as que disfrutaron dunha festa chea de lambonadas e xogos e na que, ademais dos Reis, estivo Troi a troita mascota do concello

Seiscentas persoas encheron o polideportivo de Pedrouzos en Brión. Os Reis Magos ademais de entregar agasallos e caramelos fixeron unha ofrenda no Belén Vivente.

En Lousame recuperouse a costume de que os Magos percorran as parroquias e xa pola tarde se acheguen a festa no Polideportivo

Touro foi o outro concello no que os Reis levaron as carrozas por tódalas parroquias do municipio para, xa pola tarde, dirixirse ao pavillón en O Forte e ao Belén Vivente alí instalado.

En Ames tiveron como sempre dobre traballo xa que percorreron Milladoiro e Bertamiráns e aproveitaron para entregar os premios dos concursos de cartas.

Teo recibiu como tódolos anos aos Magos en tren e da estación visitaron boa parte do concello

E a que sin duda acaparou máis atención foi a de Compostela. Percorreu a vila ata chegar ao Obradoiro onde saudaron aos cativos desde o balcón.

Unha xornada chea de bos momentos que os cativos lembrarán cando medren. Días para os que agardan todo o ano así que xa comezan a contar para os Reis 2020.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies